Reabre a piscina das Pedreiras

LugoXa
Realizáronse unha serie de labores de mantemento do sistema hidráulico no mes de xullo
piscina_as_pedreiras
30 Xul 2024

A piscina das Pedreiras reabrirá ao público este venres, 2 de agosto, logo de acometerse unha serie de labores de mantemento do sistema hidráulico no mes de xullo. Neste complexo da zona sur da cidade, levouse a cabo recentemente a modernización do sistema de climatización do vaso e mellorouse o illamento, ao tempo que se renovou e pintou a zona do ximnasio, así como pequenas melloras noutras dependencias do centro.

Estas actuacións enmárcanse dentro do Plan Dinámico de Intervención posto en marcha pola Área de Deportes para conservar e modernizar as instalacións deportivas municipais. En total, a capital conta na actualidade con máis de medio cento de recintos municipais destinados á práctica deportiva e ao adestramento que o Concello cede gratuitamente ao tecido asociativo e sobre os que exerce unha supervisión continuada para garantir o seu bo estado.

0.18702912330627