Reabriu na praza Maior o posto de información turística ata despois de San Froilán

LugoXa
Maite Ferreiro: "habilitando este punto facilitamos o acceso á información turística, aumentando en gran cantidade o número de turistas atendidas durante o verán"
punto-informacion-turistica-praza-maior-lugo
1 Jun 2025

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a apertura do posto de atención turística da praza Maior. Maite Ferreiro destacou a importancia deste punto, "que nos permite aumentar ano tras ano a cantidade de visitantes que reciben información turística á súa chegada a Lugo para mellorar a súa estancia na cidade".

Ferreiro destacou que este posto se coloca cada ano "nas semanas previas ao comezo do verán" e que realiza tamén unha importante función como "difusor da intensa actividade cultural que se organiza en Lugo durante os meses de xullo e agosto".

Cada ano, o punto de información turística atendeu en a preto de 50.000 persoas. Entre os visitantes que se achegaron ás distintas instalacións turísticas, destacaron os procedentes do resto de Galiza, ademais das principais zonas do estado como Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Francia, Portugal, Reino Unido e Alemaña son os países con máis turistas estranxeiros rexistrados nas estatísticas municipais, onde hai rexistros de turistas de distintos países de todo o mundo.

⚙ Configurar cookies
0.17292594909668