Realidade aumentada e tradición únense no programa do Arde Lucus
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, presentaron o programa que este ano dará vida á XXI edición do Arde Lucus os días 9, 10, 11 e 12 de xuño.
A programación deste ano inclúe 400 actividades de animación de rúas, obradoiros para nenos e adultos, vodas celtas, recreación de loitas, desfiles, circo e un amplo etcétera. “En total, serán unhas 100 actividades diarias, que encherán de vida as rúas da nosa cidade e nas que participarán as 19 asociacións de recreación histórica de Lugo, parte indispensable da cita”, remarcou a alcaldesa.
Entre as novidades, Lara Méndez destacou un espectáculo pioneiro en Galicia de realidade aumentada en 5D que albergará A Mosqueira, a través do que se tematizará en tempo real a época de esplendor de Lugo no século I, recreando a muralla romana na súa altura orixinal, con romanos paseando no adarve, permitindo aos espectadores integrarse na época, axudando a achegar a historia de Lugo a través das novas tecnoloxías.
Así mesmo, a Capela do Carme, acollerá por vez primeira unha obra de teatro, O rato da biblioteca, na que participarán todas as asociacións de teatro de Lugo. A rexedora tamén lembrou outra das actividades estrela como son os concertos de balde, na praza de Santa María de Saor Patrol, o 11 de xuño, e das Tanxugueiras, o domingo 12, que suporá o broche de ouro a unha edición histórica.
PROGRAMA
TEMPUS DE LUCUS AUGUSTI (A Mosqueira)
VENRES 10 XUÑO
17.00 h. - 01.00 h.
SÁBADO 11 XUÑO
11.00 h. - 01.00 h.
DOMINGO 12 XUÑO
11.00 h. - 21.00 h.
THEATRUM
VENRES 10 XUÑO
17.00 h. O rato da biblioteca. Palimoco Teatro. Capela do Carme
17.40 h. Novvs Locvs. Jvan Casaveteiro. Campo Castelo
19.00 h. O rato da biblioteca. Palimoco Teatro. Capela do Carme
20.15 h. A Profetisa. Nova Escena. Praza de Armanyá
23.00 h. Est Trimim. Debulla Escénica. Praza de Santa María
SABADO 11 XUÑO
11.00 h. O rato da biblioteca. Palimoco Teatro. Capela do Carme
12.15 h. Artem Vendederit. Achádego Teatro. Praza de San Marcos
13.00 h. O rato da biblioteca. Palimoco Teatro. Capela do Carme
13.30 h. Praetor Maximvs Toleatvs Est. Hipócrita Teatro. Praza de Santa María
17.00 h. O rato da biblioteca. Palimoco Teatro. Capela do Carme
17.35 h. O Exército Do Amor. Pinchacarneiro. Praza San Marcos
19.00 h. O rato da biblioteca. Palimoco Teatro. Capela do Carme
DOMINGO 12 XUÑO
11.00 h. O rato da biblioteca. Palimoco Teatro. Capela do Carme
12.30 h. Novvs Locvs. Juan Casaveteiro. Praza Campo Castelo
13.00 h. O rato da biblioteca. Palimoco Teatro. Capela do Carme
17.00 h. O rato da biblioteca. Palimoco Teatro. Capela do Carme
17.50 h. Novvs Locvs. Juan Casaveteiro. Praza da Soidade
19.00 h. O rato da biblioteca. Palimoco Teatro. Capela do Carme
PROGRAMA DAS ASOCIACIÓNS
CASTRA DE LVCVS AVGVSTI no Parque Rosalía de Castro.
Civitas Lvcensis
• VENRES 10 xuño
Explicación vida nun poboado castrexo.
19.45 h. Consulta ao péndulo (intérprete de lingua de signos)
• SÁBADO 11 XUÑO
12.30 h. Obradoiro confección de pulseiras celtas
13.30 h. Consulta ao péndulo.
17.00 h. Contacontos (intérprete de lingua de signos)
• DOMINGO 12 XUÑO
12.30 h. Contacontos
17.00 h. Consulta ao péndulo.
17.30 h. Obradoiro de confección de pulseiras celtas
Clan de Breogán.
• VENRES 10 XUÑO
Exposición de panoplia galaica, cvncheiro galaico, evolvción alfarería galaica, evolvción ovrivaría galaica e pallozas galaicas.
• SÁBADO 11 XUÑO
Demostración de moenda de cereais (intérprete de lingua de signos)
Usos e costumes galaicos.
Visitas guiadas cada 30 minutos.
17.00 h. Obradoiros do clan.
• DOMINGO 12 XUÑO
Demostración de moenda de cereais.
Usos e costumes galaicos.
Visitas guiadas cada 30 minutos.
17.00 h. Obradoiros do clan.
Lvgdvnvm.
• VENRES 10 XUÑO
Exposición de cabanas galaicas con reprodución de elementos da época, indumentaria castrexa, armeiro con lanzas e escudos, maqueta dunha palloza galaica cos enseren habituais do poboado, imaxes da historia de Lugdunum.
17.30 h. Presentación do panel eu son galaic@(intérprete de lingua de signos)
18.00 h. Invocación aos deuses a través do acendido do lume.
• SÁBADO 11 XUÑO
Escolle a túa palloza no panel Eu son galaic@
12.00 h. Obradoiro de sanación galaica con remedios naturais
13.00 h. Obradoiro de pulseiras de coiro
17.00 h. Horóscopo galaico das árbores, escritura ogham e chapas Eu son galaic@
• 18.00 h. Escaramuza a un asentamento romano.
• DOMINGO 12 XUÑO
Escolle a túa palloza no panel Eu son galaic@
12.00 h. Obradoiro de sanación galaica con remedios naturais (intérprete linga de signos)
13.00 h. Obradoiro de pulseiras de coiro
17.00 h. Horóscopo galaico das árbores, escritura ogham e chapas Eu son galaic@
Terra Copora.
• VENRES 10 XUÑO
Recreación da vida cotiá do pobo coporo, o seu asentamento, os traballos artesanais na ourivaría, nos tecinos e no coito. E tamén da Cohors I Celtiberorum, tropas auxiliares e o seu Valetudinarium ou hospital de campaña.
11.30 h. Visitas especiais para colectivvos de persoas con diversidade funcional (cita previa)
18.00 h. Ungüentos castrexos
18.30 h. A historia do noso pobo (intérprete lingua de signos)
19.00 h. Non todo son combates na Cohors I Celtiberorum
• SÁBADO 11 XUÑO
11.30 h. Fiado do liño
12.00 h. Xoiería castrexa para nenos e nenas.
12.30 h. O trampeiro coporo
13.00 h. Cociña lexionaria
17.30 h. Tinguido do liño
18.00 h O ourive
18.30 h. A cirurxía romana
19.00 h. Saída dos coporos cara ao desfile
• DOMINGO 12 XUÑO
11.30 h. Obradoiros de mosaicos para nenos e nenas
12.00 h. Cociña Castrexa
12.30 h. A cirurxía romana
13.00 h. Equipando aos coporos
17.30 h. Escritura romana para nenos e nenas
18.00 h A farmacopea romana
18.30 h. A ourivaria castrexa
Salesiani de Lvcvs Avgvsti.
• VENRES 10 XUÑO
Exposición da obra do pedagogo Quintiliano, a escola romana e o papel da muller na familia.
17.00 h. Acto inauguración da Domus de Quintiliano (intérprete de lingua de signos)
18.00 h. Adestramento de gladiadoras na ludus
• SÁBADO 11 XUÑO
11.30 h. Mostra de como confeccionar coroas
12.30 h. Adestramento de gladiadoras na ludus
18.00 h. Loita de gladiadoras na area
19.00 h. Mostra de como confeccionar a cota de malla
• DOMINGO 12 XUÑO
11.30 h. Mostra de como confeccionar a cota de malla
17.00 h. Lectura de fábulas e xogos para nenos (intérprete de lingua de signos)
18.00 h. Loita de gladiadoras na area
Tir Na N’Og.
• VENRES 10 XUÑO
Castro vivo: artesanía e oficios castrexos
18.00 h. Cofradías guerreiras (demostración de loita)
19.15 h. Nomeamento dos campións namarinos
• SÁBADO 11 XUÑO
Castro vivo: artesanía e oficios castrexos
12.00 h. Actividades para nenas e nenos
12.10 h. Spugnatium (na porta de Bispo Aguirre) (intérprete lingua de signos)
17.30 h. O Comercio Fenicio. Un intercambio cultural.
• DOMINGO 12 XUÑO
Castro vivo: artesanía e oficios castrexos
17.00 h. Tinguido de tecidos con pigmentos naturais (intérprete lingua de signos)
FÓRA DA CASTRA
Mercenarios Galaicos. Praza Horta do Seminario.
• VENRES 10 XUÑO
Ambientación castro Mercenarios Galaicos. Exposición panoplia galaica e oficios.
19.00 h. Obradorio de pan de landras
19.30 h. Traballos na cociña galaica (intérprete lingua de signos)
• SÁBADO 11 XUÑO
12.00 h. Rituais de iniciación e ingreso de novos mercenarios
13.00 h. Roubo do estandarte (con Trebas Galaicas e Pretorianos)
18.20 h. Toma do monte medulio (con Trebas Galaicas e Pretorianos)
• DOMINGO 12 XUÑO
Obradoiros infantís
12.00 h. Cocendo pan
12.30 h. Escenificación de Loita Galaica (con Trebas Galaicas e Clan de Breogán)
17.30 h. Cerimonia de unión polo rito celta (intérprete lingua de signos)
Trebas Galaicas. Cantiño Nemesio Cobreros.
• VENRES 10 XUÑO
Exposición de Panoplia. Vida cotiá dos galaicos
• SÁBADO 11 XUÑO
11.30 h. Visita guiada polo campamento. Xogos tradicionais galaicos.
13.00 h. Visita Galaica ao campamento pretoriano e roubo de estandarte.
17.30 h. Visita guiada polo campamento (intérprete lingua de signos)
18.30 h. Asalto ao monte Medulio.
• DOMINGO 12 XUÑO
Visita guiada polo campamento.
12.00 h. Obradoiro de calco de petróglifos.
12.30 h. Escenificación de Loita Galaica.
18.30 h. Sons do Castro
Pax Romana. Praza da Constitución.
• VENRES 10 XUÑO
Recreación da vida nun campamento de lexionarios romanos. Explicación das partes da equipación dun lexionario, tribuno e armas na época imperial. Representaranse esceas ao longo do día.
17.00 h. Demostración de técnica de acuñación de moedas e o seu significado.
18.00 h. Demostración da técnica de tinte de tecidos e o seu significado
• SÁBADO 11 XUÑO
12.00 h. Demostración da técnica de tinte de tecidos e o seu significado
13.00 h. Demostración de técnica de acuñación de moedas e o seu significado
17.00 h. Demostración de técnica de acuñación de moedas e o seu significado (intérprete lingua de signos)
18.00 h. Explicación dos distintos tipos caligráficos e materiais de soporte de escritura na época imperial (intérprete lingua de signos)
• DOMINGO 12 XUÑO
12.00 h. Explicación dos distintos tipos caligráficos e materiais de soporte de escritura na época imperial
13.00 h. Demostración da técnica de tinte de tecidos e o seu significado
13.00 h. Demostración de técnica de acuñación de moedas e o seu significado
Senatus Lucus Augusti. Praza da Constitución.
• VENRES 10 XUÑO
Exposición Tablinum. Exposición elementos típicos dun escritorio romano. Salvoconductos
20.00 h. Colocación da toga senatorial
• SÁBADO 11 XUÑO
11.00 h. Xogos infantís populares
12.00 h. Desfile
13.00 h. Theatrum: Thunus balbo (fondo Praza Maior -intérprete lingua de signos)
17.00 h. Representación de la obra La conjura senatorial
• DOMINGO 12 XUÑO
11.00 h. Xogos infantís populares
12.00 h. Desfile
13.00 h. Theatrum: Thunus balbo (fondo Praza Maior -intérprete lingua de signos)
17.00 h. Representación de la obra La conjura senatorial
Ara Roma. Praza Anxo Fernández Gómez.
• VENRES 10 XUÑO
19.00 h. Consagración do Templo Ara Roma (intérprete lingua de signos)
20.10 h. Ofrendas ao deus Iupiter.
• SÁBADO 11 XUÑO
11.30 h. Ofrendas ao deus Iupiter.
13.30 h. Confarreatio. Representación Voda Romana oficiada polo Flamen Dialis.
16.30 h. Populis Nuptiae. Vodas romanas no templo (previa inscrición)
18.00 h. Sacrificium
• DOMINGO 12 XUÑO
13.00 h. O trance das Sibilas
13.30 h. A queima dos libros Sibilinos (intérprete lingua de signos)
Bendición das tropas e armas de Cohors III
16.30 h. Ofrendas ao deus Iupiter.
Lvcvs Eqvites. Rúa Anxo Lopez Pérez (Edif. admin. Concello)
• VENRES 10 XUÑO
Visita ao campamento romano.
• SÁBADO 11 XUÑO
11.30 h. Actividades para nenos: Crea a tua mosqueira, Mosaicos, Marionetas con corda e lá, Paseo a cabalo. (intérprete lingua de signos)
13.30 h. Desfile tropa romana con percusión. Exhibición de maniobras ataque e defensa exército romano.
17.00 h. Actividades para nenos: Crea a tua mosqueira, Mosaicos, Marionetas con corda e lá, Paseo a cabalo.
• DOMINGO 12 XUÑO
11.30 h. Actividades para nenos: Crea a tua mosqueira, Mosaicos, Marionetas con corda e lá, Paseo a cabalo. (intérprete lingua de signos)
13.30 h. Desfile tropa romana con percusión. Exhibición de maniobras ataque e defensa exército romano.
• 17.00 h. Actividades para nenos: Crea a tua mosqueira, Mosaicos, Marionetas con corda e lá, Paseo a cabalo.
Lvcvs Icenas Miliatore. Praza Anxo Fernández Gómez.
• VENRES 10 XUÑO
Vida no campamento.
18.00 h. Asentamento e recepción da Raíña Boudica.
18.45 h. Rebelión da Raíña Guerreira.
• SÁBADO 11 XUÑO
Vida no campamento.
12.10 h. Spugnatium (porta de Bispo Aguirre)
13.00 h. O nacemento dunha guerreira
13.30 h. Desfile incursión polas ruas da cidade.
17.00 h. Asedio ao campamento Romano (Kertix e Icenas)
18.30 h. Arenga no trono (intérprete lingua de signos.
19.00 h. Fame e sede de vinganza.
• DOMINGO 12 XUÑO
Vida no campamento.
12.00 h. Recepción dos nosos guerreiros.
13.00 h. Entrenamento guerreiro
13.30 h. Desfile
18.00 h Arenga no trono
18.35 h. A bendición de Andraste (intérprete lingua de signos)
19.00 h. Gritos de Guerra
Cohors III Lvcensivm. Praza Maior.
• VENRES 10 XUÑO
Exposición campamento militar.
21.00 h. Desfile polo centro do casco histórico.
• SÁBADO 11 XUÑO
12.00 h. Ordine Mutatio (intérprete lingua de signos)
12.10 h. Spugnatio na porta de Bispo Aguirre (con Castronela)
13.00 h. Desfile polo centro do casco histórico
17.00 h. Ordine Mutatio.
• DOMINGO 12 XUÑO
12.00 h. Ordine Mutatio (intérprete lingua de signos)
13.00 h. Desfile polo centro do casco histórico
Vestales. Praza Maior.
• SÁBADO 11 XUÑO
19.30 h. Ofrenda Vestalias
• DOMINGO 12 XUÑO
21.00 h. Preserva do lume sagrado (intérprete lingua de signos)
Asamblearias de Lvcvs Avgvsti. Xardíns do Museo Provincial.
• VENRES 10 XUÑO
18.00 h. Exposición Vestiplicae en Lucus Augusti
19:00 h. Invocación aos deuses (oráculo)
22:00 h. Saída da primeira manifestación feminina da historia
• SÁBADO 11 XUÑO
12.15 h. Murmurios á boca da verdade
13.00 h. A voz das mulleres de Roma
17.45 h. Exposición Vestiplicae en Lucus Augusti e entrega de premios
18.30 h. Historia das pandemias en Roma (intérprete lingua de signos)
• DOMINGO 12 XUÑO
12.15 h. Invocación aos deuses (oráculo
13.00 h. Descubre o segredo dos pergamiños (escape room)
17.30 h. Coñece a historia real das bacanias (con Vestales)
18.10 h. Ritual á deusa Carmenta (intérprete de lingua de signos)
19.00 h. Murmurios á boca da verdade
Kertix. Praza Pio XII.
• VENRES 10 XUÑO
Exposición de marionetas mitolóxicas e de fábula, con breves relatos. Exposición e explicación de cestería Galo-Romana
17.00 h. Fauna e vexetación dos murais romanos
19.00 h. Silva Tenebrarum.
• SÁBADO 11 XUÑO
11.45 h. Obradoiro de carpintería romana.
13.00 h. Visita ao campamento
17.00 h. Asedio ao campamento (con Icenas)
20.30 h. As lemurias (intérprete lingua de signos)
• DOMINGO 12 XUÑO
12.00 h. Distintos teares de uso romano
13.00 h. Visita o campamento
18.00 h. Silva Tenebrarum (intérprete lingua de signos)
Gvardia Pretoriana. Praza San Marcos.
• SÁBADO 11 XUÑO
12.30 h. Faladoiro sobre a historia e vestimenta da Guardia Pretoriana
13.30 h. Degustación de Moretum (papilla de queixo de ovella ou cabra con perexil, allo, apio, cilantro e nata) (intérprete lingua de signos)
14.00 h. Roubo do estandarte por parte de Trebas Galaicas
17.00 h. Doazón de Mulsum (viño con mel)
18.30 h. Asalto ao Castro Medulio de Trebas Galaicas.
• DOMINGO 12 XUÑO
12.30 h. Faladoiro sobre a historia e vestimenta da Guardia Pretoriana
13.00 h. Desfile infantil
13.00 h. Frgustación de Absinthium (vermut romano) (intérprete lingua de signos)
17.00 h. Loita romana
Caetra Lvcensivm. Rúa San Froilán.
• VENRES 10 XUÑO
12.00 h. Caetra dos sentidos: ADACE LUGO visitará o campamento participando nun obradoiro
18.30 h. CECA Caetra: (fundición e acuñamento) fabricación da Caetra, moeda atopada dentro da cidade amurallada (intérprete lingua de signos)
SÁBADO 11 XUÑO
12.30 h. O censo: Inscrición de cada romano co seu nome elixido, como na antiga Roma
17.50 h. Demostración do funcionamento da bomba utilizada polos vixiles (antigos bombeiros) (intérprete lingua de signos)
DOMINGO 12 XUÑO
11.30 h. CECA Caetra: (fundición e acuñamento) fabricación da Caetra, moeda atopada dentro da cidade amurallada
12.00 h. Demostración do funcionamento do tear da época (tecer, dar cor, confeccionar diferentes teas)