Realizan este sábado en Pol un curso de primeiros auxilios

A Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo, Afammer Lugo, ofrecerá un curso de primeiros auxilios en Pol.
Este terá lugar o sábado 28 de xuño, na antiga escola de Torneiros, entre as 9.00 e as 14.00 horas.
Para reservar praza ou consultar dúbidas, pódese facer no teléfono 609 893 818.
O curso englóbase dentro do Plan Corresponsables Afammer Lugo.