Realizan obras de mellor no complexo xuvenil LUG

LugoXa
A Xunta de Galicia ven de acometer obras de mellora na residencia xuvenil LUG I e o albergue xuvenil LUG II
Obras melloras lug 2
3 Feb 2023

A Consellería de Política Social e Xuventude vén de investir 364.000 euros na realización de diferentes melloras no complexo xuvenil LUG da cidade de Lugo, formado pola residencia LUG I e o albergue LUG II.

As principais partidas foron destinadas a instalar un ascensor no LUG I, unha actuación que está en proceso de execución cun importe de 98.300 euros; e a pintar as fachadas de ambos edificios, o que supuxo un gasto conxunto de 96.700 euros. Así mesmo, no LUG II foron substituídas as carpinterías exteriores para incrementar a eficiencia enerxética e reformáronse dous aseos.

En canto ao LUG I, estes investimentos permitiron colocar novos armarios encaixados en varias habitacións, adquirir equipamento deportivo para o ximnasio e instalar oito bancos no exterior, ademais de renovar mobiliario e electrodomésticos do centro.

O complexo LUG comprende o centro LUG I, que funciona como residencia con 75 prazas para mozas e mozos estudantes durante o curso lectivo; e o albergue LUG II. Este último acolle unha ampla programación na que destacan os campamentos de verán organizados pola Consellería de Política Social e Xuventude.

0.17597913742065