Realizan un curso en liña sobre como mellorar a convivencia familiar con adolescentes
O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro en liña dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar a mellora da convivencia familiar con familias adolescentes.
Este obradoiro será impartido de xeito a través da plataforma zoom por María Cano, traballadora social e mediadora familiar de UNAF.
Neste obradoiro abordaranse contidos como a pre-adolescencia e adolescencia (características, fases, cambios, ...), a mediación e os seus valores, estilos educativos familiares e xestión de conflitos, competencias para unha parentalidade positiva e exposición de situacións de dificultade e propostas de mellora.
A data prevista é o 21 de outubro, de 18.00 a 19.30 horas. A información do curso pode obterse no Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de concellos de Begonte,
Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade e no mail prevenciondrogas@rabade.org. A inscrición faise neste enlace.