Reama organiza unha recollida de lixo
LugoXa | TerraChaXa
Terá lugar o domingo 11 de agosto, ás 17.00 horas, diante do concello da localidade

Cartel
9 Aug 2024
A asociación de protección do medio ambiente de Friol, Reama, organiza unha recollida de lixo pola celebración dos cinco anos desde a súa formación.
Terá lugar o domingo 11 de agosto, ás 17.00 horas, diante do concello da localidade.
Todo aquel que queira participar, é preciso que traia luvas da súa casa.