Rebordaos celebra as súas festas de San Xurxo

LugoXa
A parroquia de Rebordaos, en Castroverde celebra as súas festas de San Xurxo a fin de semana do 21 e 22 de abril
Rebordaos festas portada
8 Abr 2023

A parroquia de Rebordaos, en Castroverde, celebra a súas festas na honra a San Xurxo os días 21 e 22 de abril.

As celebracións darán comezo o venres cunha festa verbena a cargo do grupo Beatriz e a disco móbil CocoMusic.

O sábado ás 13.30 haberá unha misa con procesión para continuar coa sesión vermú a cargo da orquestra Los Españoles.

Xa pola noite a verbena estará amenizada tamén pola orquestra Los Españoles acompañada por Punto Clave que fai a presentación da súa xira de 2023.

As festas contarán con campo cuberto con carpa.

Rebordaos
0.097465038299561