Recatelo celebra este sábado as festas do barrio con música, actividades e solidariedade

A asociación de veciños do parque Rosalía de Castro – Recatelo celebra este sábado, 13 de setembro, as festas do barrio coa colaboración da Xunta de Galicia.
O pregón estará adicado a Paula Alvarellos e será pronunciado por Juan Antonio Casas, en representación do grupo Iuris Tintum. Ao longo da xornada actuarán Tony Lomba e Malditos Pendejos, ademais de As Searas, que ofrecerá cantos de taberna.
Durante as festas, a Asociación Contra o Cancro (AECC), a Protectora de Animais e o colectivo Capaces instalarán postos informativos para achegar o seu labor á veciñanza. Ademais, pola zona peonil do parque terá lugar a carreira solidaria Holi Run, organizada por Aspnais, coincidindo coa celebración do evento.
No marco destas actividades, o venres 12 de setembro, ás 19.00 horas, o parque acollerá clases de baile gratuítas, como antesala das festas do sábado.