Recepción oficial á ong Taller de Solidaridad, coa que colabora o Concello de Lugo

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu na Casa Consistorial á ONG Taller de Solidaridad que inauguraba na cidade, concretamente na facultade de Administración e Dirección de Empresas, unha exposición fotográfica para trasladar o proxecto de Cooperación Internacional Enredadas no Cambio co que tamén colabora o Concello de Lugo, dende a área de Cohesión Social.
taller de solidariedade ong
31 Out 2023

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu na Casa Consistorial á ONG Taller de Solidaridad que inauguraba na cidade, concretamente na facultade de Administración e Dirección de Empresas, unha exposición fotográfica para trasladar o proxecto de Cooperación Internacional Enredadas no Cambio co que tamén colabora o Concello de Lugo, dende a área de Cohesión Social.

Enredadas no Cambio é un proxecto de cooperación dirixido a mulleres de diferentes barrios de Cochabamba, en Bolivia, co que a Adminitración Local contribuíu a impulsar a dinamización económica nestas rexións, xerando oportunidades laborais, e mantendo o empoderamento feminino como eixo común de todas as accións.

A rexedora compartiu uns momentos co coordinador da Organización Non Gobernamental, Rafael Veiga, coa técnica do proxecto Centro para a muller de Uspha Uspha, Liliana Siles e cunha das emprendedoras cuxa experiencia vital se narra na mostra, Lourdes Herrera.

Durante o encontro, Lara Méndez puxo en valor o traballo desenvolvido pola entidade social e destacou tamén o apoio do Concello a numerosos proxectos solidarios, tal e como quedou reflictido durante o II Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento celebrado en Lugo no mes de febreiro.

“Lugo é a cidade galega máis avanzada nos obxectivos de desenvolvemento sostible, tal e como sinalou o informe Os ODS en 100 cidades españolas, pero cómpre facer fincapé na necesidade de traballar desde o local para influír tamén no global para acadar sociedades xustas, equitativas e igualitarias”, indiciu a alcaldesa de Lugo.

0.19451785087585