Reclaman unha maior conexión por transporte público en Albeiros

LugoXa
Dende a Asociación de Veciños San Lorenzo de Albeiros móstrase preocupación pola falta de comunicacións de transporte público co barrio.
bus urbano lugo
1 Jun 2021

Dende a Asociación de Veciños San Lorenzo de Albeiros na capital lucense móstrase preocupación polo feito de que o barrio estea completamente abandonado para os plans da Concellería de Movilidad do Concello de Lugo.

Na actualidade o barrio lucense de Albeiros non dispón de conexión directa por transporte urbano co Hospital Universitario Lucus Augusti, sendo, ademais, un dos poucos barrios da capital  lucense con esta carencia -mentres outros barrios contan con 2 liñas de autobús urbano ao complexo hospitalario da nosa cidade-.

Desde a Asociación de Veciños San Lorenzo de Albeiros sinalan que "non entendemos o abandono que os veciños estamos a sufrir por parte da mencionada Concellería de Mobilidade do Concello de Lugo, e solicitamos aos titulares da mesma que se reúnan con quen son usuarios –como pacientes- do HULA e non dispoñemos de ningunha alternativa de transporte urbano para desprazarnos ata alí".

Solicitan, por esta razón, a creación dunha liña de autobús urbano directo ao Hospital Universitario Lucus Augusti dende o barrio de Albeiros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18378901481628