Recollen doazóns de sangue en Rábade este martes

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 10 de xuño no concello de Rábade para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 15.30 e as 21.00 no Campo da Feira.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.