Recollen doazóns de sangue este martes en Baralla
LugoXa
O vehículo prestará servizo entre as 12.00 e as 14.30 horas na praza Maior

Camión para recoller doazóns
4 Aug 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 5 de agosto, no concello de Baralla para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 12.00 e as 14.30 horas na praza Maior.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.