Recollen sinaturas por unha lei que protexa o monte comunal
As comunidades de montes galegas integradas na Organización Galega de Comunidades de Montes comenzaron a recabar sinaturas para avalar a ILP rexistrada no Parlamento galego por esta organización. Piden o apoio da cidadania para acadar unha lei que protexa os montes comunais galegos "do expolio da industria madeireira".
A Organización galega de Comunidades de Montes denuncia que a Consellería de Medio Rural pretende, mediante os cambios lexislativos promovidos polo Partido Popular, que empresas de diverso índole (forestais, madeireiras, eólicas, mineiras...) poidan facerse coa xestión de montes veciñais e comunais.
A Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM tenta frear "este latrocinio dos montes veciñais". Neste senso, un dos puntos principais da ILP é reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal, considerando a veciñanza como único requisito para ter a condición de veciño comuneiro.
Tamén buscan que se recoñeza o monte veciñal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma.
A Organización Galega de Comunidades de Montes quere un monte comunal multifuncional e sustentabel ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto.