Recollida de plásticos agrícolas en Portomarín
LugoXa
A recollida farase o día 2 de decembro a partires das 9.00 horas. Os puntos homologados para a recollida, aquí
1 Dec 2020
O Concello de Portomarín vén de anunciar que mañá, día 2 de decembro a partires das 9.00 horas, levará a cabo unha recollida de plásticos agrícolas no municipio.
Os puntos de recollida homologados serán o propio punto limpo municipal e as cooperativas Caxigo e Vilaxuste.
Desde o Concello lembran que queda totalmente prohibido depositar os plásticos na Pedra, O Carrasqueiro, Acebedo, Alto do Hospital, Castromaior, Acovadela ou en calquera outra ubicación do municipio. Explican, neste senso, que "todas aquelas persoas que depositen os plásticos agrícolas nestes sitios non homologados están perxudicando o medio ambiente do noso concello". Lembran ademais que esas persoas se expoñen a seren sancionadas.