Recollida de plásticos de silos en Castro de Rei este mes

LugoXa | TerraChaXa
A recollida será na explotación que o solicite entre os días 17 e 21 de xuño
plasticos-agricolas
Cartel
15 Xuño 2024

O Concello de Castro de Rei pon en marcha a recollida de plásticos de silos porta a porta. A recollida será na explotación que o solicite entre os días 17 e 21 de xuño.

Os usuarios que estean interesados na recollida de plásticos de silo deberán poñerse en contacto co teléfono 982 314 034, onde será anotada a solicitude e pasarase a recoller nos días seguintes, segundo a ruta que lle corresponda, e baixo os seguintes condicionados:

Os plásticos deberán estar depositados nun lugar de fácil acceso para o vehículo de recollida, sen atrancos que a entorpezan ou ralenticen e dentro da explotación. Non se poderán depositar en bens de uso ou dominio público, lembrando a prohibición de depositalo nos contedores de lixo ou ao seu carón.

Os plásticos deberán ir limpos de terra (só plásticos de silo, non se aceptarán nin cordóns, nin garrafas, nin calquera derivado da actividade agrícola).

0.19440889358521