Recomendan non consumir auga da traída en catro parroquias de Castro
TerraChaXa | LugoXa
O alcalde de Castrop de Rei, Francisco Balado, vén de facer público un bando no que recomenda á poboación non consumir auga da traída
23 Xul 2022
O alcalde de Castrop de Rei, Francisco Balado, vén de facer público un bando no que recomenda á poboación non consumir auga da traída en en catro parroquias debido a un verquido de purín.
As parroquias afectadas son as de Ramil, Azúmara, Balmonte e San Martiño de Goberno.
Segundo explica, o verquido tivo lugar nas inmediacións da captación de auga que abastece ás citadas parroquias.
A recomendación de evitar o consumo esténdese aos próximos cinco días, mentres se limpa o proceso.