Recrean o asalto ao castelo en San Paio de Narla na revolta irmandiña

LugoXa | TerraChaXa
Rapazas e rapaces da escola Palimoco Teatro estiveron dirixidas por Paloma Lugilde
representacion-teatral-san-paio-de-narla
Un momento da representación
3 Xul 2024

O Museo de San Paio de Narla, en Friol, acolleu esta tarde unha representación teatral protagonizada por unha vintena de rapazas e rapaces da escola de teatro Palimoco Teatro.

Dirixidas por Paloma Lugilde, as participantes recrearon o asalto ao castelo durante a revolta irmandiña, cun guión creada durante a súa estancia no museo provincial, no que pasaron as últimas 36 horas -noite incluída  impregnándose da atmosfera do espazo e coñecendo a historia das distintas salas e pezas.

Ademais do exercicio creativo, a actividade procura a reflexión sobre o papel que as mobilizacións sociais tiveron e poden ter no devir histórico.

0.19871592521667