Recuperan o Lugar de Reque, no paseo do Rato
O Centro de Artesanía e Deseño da Vicepresidencia da Deputación de Lugo levou a cabo nos últimos meses traballos de acondicionamento e mantemento na contorna do taller de cestería, no Lugar de Reque, no paseo do Río Rato.
Os traballos centráronse na recuperación da plantación de vimbio despois de anos sen podar. No mes de xaneiro, fíxose unha primeira intervención, co asesoramento da cesteira Idoia Cuesta e do especialista en agricultura ecolóxica e permacultura Rubén Escudero, que avaliaron o estado das estruturas vexetais .
Nesta primeira selección, desbotáronse estruturas mortas e retiráronse as varas máis longas das plantas deformadas. Os restos céderon as persoas que participaron nas actividades do centro de cestería para iniciar as súas propias plantacións ou como material de bioconstrución.
Nos seguintes meses, dacordo coas indicacións dos especialistas, os operarios de Tragsa realizaron unha poda estrutural e unha limpeza a fondo para que os vimbios volvan agromar e a plantación recupere a súa forma orixinal.
“Cos traballos realizados nos últimos tres meses, apostamos por unha fórmula sostible para producir o vimbio que se emprega nas actividades de Centrad. Cos coidados precisos, a pltanción podería nutrir o taller de cestería algo que, máis alo do aforro económico, entendemos como unha boa práctica desde o punto de vista valor ambiental e social”, explicou Efrén Castro.
O deputado de Artesanía e Deseño, que acompañou a zona acompañado polo tenente de alcaldesa de Lugo, Rubén Arroxo, e polo concelleiro de Infraestruras, Álex Penas, remarcou que “esta intervención recuperou a zona como espazo de lecer para todas e todas os que se acheguen ata este lugar, nunha contorna privilexiada, a carón do Río Rato”
Pola súa banda, Rubén Arroxo, destacou a labor que se está a desenvolver desde o Centro de Artesanía e Deseño, co apoio directo ao sector da artesanía, e coa apertura e a humanización dos espazos que xestiona”.