Reforzan os buses cara o cemiterio coincidindo co 1 de novembro

LugoXa
O Cemiterio Municipal abrirá entre as 09:30 e as 19:00 os días 28, 29, 30 e 31 de outubro, e 1 de novembro.
cemiterio municipal lugo
26 Out 2023

O Cemiterio Municipal abrirá entre as 09:30 e as 19:00 os días 28, 29, 30 e 31 de outubro, e 1 de novembro.

O tenente alcalde do Concello de Lugo e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou os horarios dos buses especiais do Cemiterio Municipal. “Como cada ano, habilitamos un bus complementario que comunicará o centro da cidade co Cemiterio, reforzando á liña 10 que continuará o seu percorrido habitual”, explicou Arroxo.

O percorrido especial partirá desde a parada de Obras Públicas, continuando pola Ronda da Muralla, rúa Santiago, e Volta da Viña, chegando ao cemiterio tras pasar pola Estrada Vella de Santiago. O percorrido de volta ao centro será pola Estrada Vella de Santiago, rúa Santiago e Rolda da Muralla, rematando na parada de Obras Públicas. Na hora en punto, e cunha frecuencia de 30 minutos, poderase coller o bus en Obras Públicas, mentres que as chegadas ao cemiterio realizaranse a e 30 e a e 45. Este bus estará dispoñible nos momentos de maior afluencia no Cemiterio, funcionando os días 28 e 29 de outubro entre as 10:30 e as 13:00, e pola tarde de 16:30 a 19:00, o martes 31, entre as 15:00 e as 19:00 e o mércores 1 en horario de 10:00 a 19:00.

A área de Participación habilita tamén un horario especial de apertura do Cemiterio, para garantir que toda a veciñanza se poida achegar. Así, o Cemiterio Municipal abrirá os días 28, 29, 30 e 31 de outubro, ademais do 1 de novembro, entre as 09:30 e as 19:00.

0.19809508323669