Refórzase en Lugo a sinalización das prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida

LugoXa
Penas destacou que a mellora da sinalización horizontal que se levou en 26 puntos de toda a cidade incluíu o pintado de múltiples prazas reservadas a PMR
renovación-de-sinalización-horizontal-Lugo
22 sep 2024

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo, Alexandre Penas, anunciou que dentro da renovación de sinalización horizontal que se está a executar por parte da área de Mobilidade, reforzouse a sinalización das prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida.

Penas destacou que a mellora da sinalización horizontal que se levou en 26 puntos de toda a cidade incluíu o pintado de múltiples prazas reservadas a PMR, "reforzando a súa sinalización".

A área de Mobilidade está a renovar a sinalización horizontal en distintos puntos das rúas Mazaira, Quiroga, Santo Graal, Curros Enríquez, Santiago, Juan Antonio Moreno Fuentes, Illa Coelleira, Rei don García, San Xillao, Pedro González López, Catasol, Carril das Flores, Monforte, Irmáns Carro, Camiño de Romai, Roberto Novoa Santos, Xenebro, Flor de Toxo, Doutor Xermán Alonso Hortas, ademais de na intervir na rolda das Fontiñas, avenida Anxo López Pérez, rolda da República Arxentina, Castelo de Arriba, Albeiros ou no Polígono das Gándaras.

Penas explicou que desde a área de Mobilidade e Infraestruturas "continuamos a traballar para garantir o bo estado e a accesibilidade de todas as infraestruturas públicas da cidade", e engadiu "as reclamacións veciñais, xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos coñecer as necesidades da veciñanza e planificar o traballo a executar".

0.19932198524475