Regresa á fachada do edificio de Correos a figura do carteiro
LugoXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, asistiu xunto á directora de Produtos e Servizos e Filatelia de Correos, Leire Díez; o xerente de Produtos e Servizos do Noroeste, Xosé Chorén, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, á reinauguración da figura do carteiro na fachada de Correos.
28 Nov 2023

Isabel Rodríguez observou a instalación novamente dunha figura emblemática para a cidade amurallada, “símbolo cultural lucense dende hai anos e unha das máis representativas para os turistas, que acudían ao lugar para ver como a figura saía a dar as horas ao ritmo da súa corneta”.
A subdelegada celebra que un dos símbolos máis recoñecidos da cidade volva á fachada do edificio de correos para dar as horas e agarda que “sexa por moitos anos máis”.