Regresa a Festa dos Ovos rotos a Ribeiras de Lea
LugoXa | TerraChaXa
Continúa deste xeito cunha celebración que se iniciou o pasado ano cun gran éxito
8 sep 2024
A Asociación de veciños de Ribeiras do Lea celebrará o 28 de setembro a segunda Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía nesta localidade de Castro de Rei.
Continúa deste xeito cunha celebración que se iniciou o pasado ano cun gran éxito e que este promete mellorarse. A organización aínda non dispón do programa pero agárdase que volve a celebrarse o xantar popular ademais dunha feira de artesanía co seu taller, xogos e música tradicionais, un pregón e sesión vermú.