Regresa a Lugo o Festival de Teatro Grecolatino os días 3 e 4 de marzo

LugoXa
Trátase dunha actividade única no estado, que facilita que o estudantado de ensino medio teña a oportunidade de achegarse ao teatro e gozar das obras clásicas
Festival-de-Teatro-Grecolatino-Lugo
1 Mar 2026

A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, anunciou que o Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá unha nova edición do festival xuvenil de teatro grecolatino, organizado pola Tenencia de Alcaldía en colaboración coa Sociedade Española de Estudos Clásicos. Buide destacou a importancia desta programación "única en Galiza e no Estado" que permite "achegar ao estudantado, dunha maneira vívida, textos dramáticos, tráxicos ou cómicos".

Trátase dunha actividade única no estado, que facilita que o estudantado de ensino medio teña a oportunidade de achegarse ao teatro e gozar das obras clásicas que levan producindo sensacións no público desde hai 2.500 anos.

Cada un dos rapaces que asistan, recibirán un libro que servirá como instrumento de traballos e reflexión despois das representacións. As representacións celébranse en horario lectivo, e convídase a acudir ao estudantado de secundaria e bacharelato de toda Galiza. Cada ano cóntase coa participación de grupos de Grego e Latín de distintos centros.

O Auditorio Gustavo Freire acolle esta semana 4 representacións teatrais de Sófocles, Aristófanes, Eurípides e Plauto, dirixidas a estudantes de instituto de toda Galiza. O Festival é un evento creado en 2001 pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos co propósito inicial de achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico aos estudantes do Ensino Secundario. A convocatoria está aberta a miles de estudantes de Galiza e doutras zonas do estado acoden cada ano a este festival. Este ano, contouse coa presencia de estudantes de 25 institutos galegos.

0.12191319465637