Regresa o día 7 a Feira do Cabalo de Castro Ribeiras de Lea
LugoXa | TerraChaXa
O Concello vai entregar un agasallo a todos aqueles visitantes que vaian a cabalo á feira
2 sep 2024
A tradicional Feira do Cabalo de Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei, volve outro ano máis co obxectivo de xuntar os 400 animais doutras edicións.
A feira, que se celebrará no mercado gandeiro e a súa contorna será o sábado 7 de setembro e a apertura do recinto para a entrada dos animais participantes está programada para ás 8.00 horas.
Haberá probas equinas e a xornada incluirá música e postos de venda con artigos de equitación, artesanía e os típicos de feira. Tamén haberá postos de comida con polbo e churrasco e actividades para nenos.
O Concello vai entregar un agasallo a todos aqueles visitantes que vaian a cabalo á feira.