Regresa o Maratón de Fútbol Sala a Castro Ribeiras de Lea

LugoXa | TerraChaXa
Será os días 27, 28 e 29 de xuño na súa sétima edición e nunha cita xa consolidada
maraton-de-futbol-sala-castro-ribeiras-de-lea
24 Jun 2025

Castro Ribeiras de Lea acollerá os días 27, 28 e 29 de xuño a sétima edición do Maratón de Fútbol Sala, unha cita deportiva xa consolidada no calendario local, que reunirá a numerosos equipos tanto na categoría masculina como na feminina.

Na categoría masculina, poderán participar ata 24 equipos cunha cota de inscrición de 150 euros. Establécense premios económicos para os catro primeiros clasificados: 1.000 euros para o campión, 500 para o subcampión e 200 euros para o terceiro e cuarto postos. Ademais, recoñecerase cun premio especial de 200 euros ao mellor equipo do Concello.

Na categoría feminina, o número máximo de participantes será de 8 equipos, cunha inscrición de 50 euros. O primeiro clasificado recibirá 300 euros, o segundo 150 e o terceiro e cuarto 50 euros cada un.

Todas as categorías contarán con trofeos para os equipos gañadores e tamén se entregarán galardóns ao mellor xogador/a e porteiro/a do torneo. A organización advirte que os premios poden variar en función do número de inscricións.

⚙ Configurar cookies
0.15945100784302