Rehabilitan en Lugo os farois ornamentais do centro histórico

LugoXa
Durante os últimos anos, o Goberno de Lugo renovou gran parte da rede de alumeado público de Lugo, "apostando polas luminarias LED que reducen o consumo eléctrico"
renovacion-alumeado-centro-historico
22 Feb 2025

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo está a realizar unha serie de actuacións para mellorar a imaxe da rede de alumeado público de Lugo. Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas, explicou que "estamos a traballar no repintado dos farois, unha actuación que permitirá garantir a boa imaxe destes elementos no casco histórico, onde ademais cumpren un importante papel na decoración da vía pública".

Alexandre Penas lembrou que "desde a nosa chegada ao goberno fixemos un importante investimento na mellora do alumeado público", e engadiu "nos últimos tres anos investíronse máis de 3 millóns de euros na renovación da rede de alumeado, implantando luminarias LED de baixo consumo, e reducindo as zonas escuras".

"Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e dos accesos aos mesmos, aumentando a calidade de vida das veciñas e veciños", explicou Rubén Arroxo, que lembrou que a área de Mobilidade e Infraestruturas planifica as intervencións de mellora dos espazos públicos segundo as peticións e solicitudes veciñais e cun importante traballo de visitas aos barrios.

0.18118906021118