Reiniciar a PAC

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
“A Política Agraria Común necesita reiniciarse desde os parámetros nos que foi deseñada no século pasado” Por Roberto García, secretario Xeral Unións Agrarias Aos seus 62 anos, a PAC conseguiu o consenso de todos os produtores e produtoras de alimentos, desde Baviera ata o Alentejo pasando por Galicia ou Rennes, de que así non podemos seguir.
roberto garcia unions agrarias
17 Apr 2024

“A Política Agraria Común necesita reiniciarse desde os parámetros nos que foi deseñada no século pasado”

Por Roberto García, secretario Xeral Unións Agrarias

Aos seus 62 anos, a PAC conseguiu o consenso de todos os produtores e produtoras de alimentos, desde Baviera ata o Alentejo pasando por Galicia ou Rennes, de que así non podemos seguir. Non podemos seguir subvencionando co noso traballo e a nosa renda a cesta da compra dunha sociedade cada vez máis allea á realidade dos que traballamos o campo. A Política Agraria Común necesita reiniciarse desde os parámetros nos que foi deseñada no século pasado: sen soberanía alimentaria europea, non hai Europa, polo menos tal como a coñecemos. E a proba témola na pandemia da covid 19. Que ocorrería se ademais de pelexar no mercado exterior polas máscaras, tamén o fixéramos polos tomates, os ovos ou o leite?

Os produtores necesitamos -como parece que se abre paso-, unha flexibilización das esixencias ambientais da nova PAC, que tal como demostrou o seu primeiro ano de aplicación en 2023, ten graves desaxustes entre a teoría dos regulamentos comunitarios e a práctica da realidade nas nosas granxas.

A PAC necesita axustes. E a nosa responsabilidade como organización representativa da agricultura familiar en España é presionar ao noso Goberno -e a todas e cada unha das Comunidades Autónomas- para que as Administracións e todos os partidos políticos que negocian e deciden no Parlamento Europeo abran os ollos á realidade e asuman as necesidades que lles chegan desde o campo.

Ninguén máis que nós, e en Unións Agrarias-UPA nunca nos cansaremos de repetilo, está interesado en avanzar nos obxectivos do Pacto Verde Europeo. Entre outras cousas, porque só cun futuro de plena sustentabilidade será sostible nosa actividade. Pero iso debe ser compatible con adaptar as estratexias e os obxectivos á realidade.

A PAC debe garantir xustiza e equilibrio entre o trato que se dá á agricultura propia e o que reciben os produtos que nos chegan de mercados extracomunitarios. E non falamos de acabar co comercio exterior -non podemos esquecer que España é un país exportador moi potente- senón de que todos respondamos aos mesmos requisitos ambientais, laborais e sociais.

Sen esquecer as reivindicacións escoitadas en Francia e Alemaña sobre a necesidade de simplificación administrativa nas xestións da PAC. Unha política que cada ano que pasa adoece dunha maior complexidade burocrática que, sen dúbida, pode e debe ser reconducida.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18816995620728