Remata a campaña do comercio na praza Agro do Rolo este venres
A campaña Mercar no teu comercio ten premio de Lugo chega ao seu final este venres, 27 de outubro, a partir das 19.00 horas, na Praza Agro do Rolo.
O evento final da campaña empezará ás 16.00 horas na mesma ubicación. Neste lugar, entre as 16.00 e as 19.00 horas, poderán canxearse os tíckets das compras superiores a 10 euros nos establecementos adheridos á campaña durante as datas de duración da mesma (do 20 ao 27 de outubro) por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros, repartidos en 2 tarxetas prepago de 300 e 8 tarxetas de 50 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras nos comercios participantes.
Ademais, todos os clientes poderán optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio. Ás 18.00 horas, haberá unha actuación musical a cargo de DETÉ.
Mercar no teu comercio ten premio é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego organizada pola Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Federación de Comercio de Lugo.
O sorteo contará mañá coa presencia de representantes das entidades organizadoras, entre eles José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; Mauricio Repetto, concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego; e José Manuel Rigueiro, director de Zona Lugo Centro de Abanca.