Remata a campaña do Mercado e a Praza de Abastos con máis de 1.000 agasallos entregados á veciñanza

LugoXa
Durante as mañás dos sábados, todas as compras de máis de 40€ puideron recibir agasallos como paraugas, cuncas, papeleiras ou plantas de Nadal
o-noso-nadal-no-mercado-agasallo
28 Dec 2025

A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, deu conta dos datos rexistrados na campaña O noso mercado é un agasallo, que ten como obxectivo incentivar o consumo na Praza de Abastos e o Mercado Municipal e destacar a importancia de consumir produtos de proximidade no comercio local, especialmente durante a campaña de Nadal.

Durante as mañás dos sábados desde o 22 de novembro, rexistráronse máis de 1.000 compras de máis de 40 euros, facturando os distintos postos da Praza e do Mercado unha cifra superior aos 40.000 euros. Cristina López cualificou a xornada como "un dos días de maior facturación na Praza e no Mercado de todo o ano", e afirmou que "gran parte da veciñanza de Lugo aproveita estas dúas instalacións para realizar as súas compras de Nadal".

Durante a campaña, a área de Participación habilitou un posto no horario de apertura da Praza para que todas as persoas puideron achegarse cos tíckets dos distintos postos da Praza e do Mercado e canxealos polos agasallos entregados cada día, entre os que se atopou material promocional da Praza e do Mercado como cuncas ou paraugas, ademais de papeleiras ou plantas de nadal.

⚙ Configurar cookies
0.2551109790802