Remata a campaña en Lugo para impulsar o comercio local co repartido de mil euros en bonos

LugoXa
O director xeral de Comercio e Consumo participou en Lugo no sorteo final da campaña de dinamización Mercar no teu comercio ten premio.
comerio local ten premio
21 Xul 2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou en Lugo no sorteo final da campaña de dinamización Mercar no teu comercio ten premio, impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Lugo.

Esta iniciativa repartiu en total 1.000€ en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio local entre os clientes que mercaron en establecementos da cidade desde o pasado xoves 13 de xullo e cambiaron os seus tíckets de compra por boletos de participación.

A campaña Mercar no teu comercio ten premio, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase entre xullo e outubro nun total de 9 localidades da provincia de Lugo.

0.17265796661377