Remata a Liga da billarda co triunfo dos Troitas Bravas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Por Daniel Rodríguez Saavedra Remata a tempada da LNB da conferencia NorLeste no campo da festa de Remourelle nunha animada tarde con sesenta e nove palanadores presentes (corenta e sete homes, quince donas e sete cativos).
13 May 2024

Por Daniel Rodríguez Saavedra

Remata a tempada da LNB da conferencia NorLeste no campo da festa de Remourelle nunha animada tarde con sesenta e nove palanadores presentes (corenta e sete homes, quince donas e sete cativos).

Fóronse rematando os grupos con Regueiro facendo pleno de puntos en modo estela e a súa compañeira, a infantil Antía, como segunda da xornada. Con un desempate entre Manolo, Aroa e Markytos resolveuse o terceiro chanzo do podio sendo o tricampión nacional quen se fixo con el.

En donas Aroa foi a mellor, seguida de Maricarmen e de Pamela, o que lle permitiu tamén á ribadense superar a Cris na xeral e quedar como campioa da tempada, xa que logo Cris foi segunda e terceira Vanesa.

En infantis, Antía e Alba quedaron por riba de Mateu nesta xornada aínda que os campións da tempada xa estaban decididos. Diego, Mateu e Alba tiñan o traballo ben feito.

En equipos tamén estaba todo dito. Campións os Troitas Bravas da Pontenova, seguidos dos ribadenses Billardeiros Musicais e dos lucenses Madia Leva. Os campións volveron ser os mellores da xornada, Billardeioros Musicais segundos e estreando podio Billarda Verde de Castroverde.

A pista algo mais curta permitiu que os especialistas acadaran sete tiros directos e con tres palanadores empatados a dous varados, houbo que recorrer a un desempata para saber quen era campión. Charli ,con dous varados máis, superou a Toño e Morás e fíxose co título.

Chegou o momento dos campións e Basilio foi quen de aguantar o tipo, aumentando aínda a vantaxe que tiña con Sachas, e Cortón que ía de terceiro viu como un entonado Charli lle arrebataba o terceiro posto.

Coa torrezmada de costume e a entrega de agasallos aos gañadores, rematou esta tempada chea de emoción e de novos valores emerxentes que van tomando o relevo dos veteráns.

Agradecer ao Concello de Ribadeo os trofeos doados, a Suso Villarino e a tódalas persoas que fan posible que esta tolemia da billarda siga para diante, graciñas.

AS CLASIFICACIÓNS

Absoluta:

  • 1º Basilio Billardeiros Musicais 254 p.
  • 2º Sachas Troitas Bravas 244 p.
  • 3ºCharli Carabullo 232 p.

Donas:

  • 1ª Aroa Billardeiros Musicais 146 p.
  • 2ª Cris Castiñeiro Milenario 138 p.
  • 3ª Vanesa Castiñeiro milenario 127 p.

Infantil:

  • 1º Diego Madia Leva 182 p.
  • 2º Mateu Madia Leva 154 p.
  • 3ª Alba Troitas Bravas 89 p.

Equipos:

  • 1º Troitas Bravas de A Pontenova 996 p.
  • 2º Billardeiros Musicais de Ribadeo 927 p.
  • 3ª Madia Leva Lugo 852 p.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19184494018555