Remata a renovación do espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde
Remata a renovación do espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde segundo informou o tenente Alcalde, Rubén Arroxo. Arroxo explicou que “renovamos unha zona peonil que contaba cun adoquín moi desgastado, garantindo con esta intervención a accesibilidade das persoas que transitan por esta rúa”.
Arroxo explicou que a intervención consistiu en substituír o antigo adoquín por formigón impreso, “mantendo a estética da contorna cun pavimento que non sufrirá tanto desgaste”, e anunciou que o antigo adoquín que se atope en bo estado será reutilizado pola Brigada Municipal de Vías e Obras “para realizar reparacións na cidade”.
Xunto coa renovación do pavimento, a Tenencia de Alcaldía renovou unha canalización de alumeado público e as rexas situadas ao pé das escaleiras.