Remata en Castro de Rei o primeiro Certame de Teatro Afeccionado

TerraChaXa | LugoXa
En conmemoración do 50 aniversario do grupo teatral Os Baluros celébrase en Castro de Rei o primeiro certame de teatro afeccionado.
Teatro Castro de Rei os Baluros Portada
26 Ago 2022

En conmemoración do 50 aniversario da creación do grupo teatral Os Baluros celebrou en Castro de Rei o primeiro Certame de Teatro Afeccionado que remata mañá. As representacións tiveron lugar os sábados ás 20:30 no centro cultural Xosé Manuel Carballo.

O certame deu comenzo o sábado 30 de xullo coa representación de A análise de sangue e Vivir dignamente no rural a cargo de grupo de teatro Abrente. As representacións continuaron en agosto con Sainetes do grupo de teatro Quemaisten, O Randiña do grupo O Torques e o 20 de agosto con El crédito a cargo do grupo Remocicarte.

Para clausurar o certame o grupo Os Baluros representará mañá, 27 de agosto, a obra O menciñeiro á forza. En todas as representacións a entrada será libre ata completar o aforo.

O longo de todo o certame o centro cultural Xose Manuel Carballo copntou tamén coa exposición de debuxo e fotografía Instantes dos autores Carmen Cabaneiro e Juanjo de la Comba. Toda a recadación da mesma destinarase a Asociación Asistencial Protectora de Animais de Foz.

Teatro Castro de Rei os Baluros
0.16177010536194