Remata en Monterroso unha nova edición do Festival Infantil de Danza da man de Falcatrueiros

LugoXa
Despois do traballo de todo o ano, os grupos infantís amosan a familias e amigos o seu traballo como festa de fin de curso
pandeireta
Imaxe de arquivo
6 Xul 2024

A asociación cultural Falcatrueiros de Monterroso continúa co programa do XXVII Festival Infantil de Danza que conta coa colaboración do Concello. Este domingo, no centro sociocultural, é a quenda do grupo de Danza Clásica e Contemporánea, que deleitará co seu bo facer e estarán acompañados polos grupos Scene Ballet de Lalín. A cita dará comezo ás 18.30 horas

Despois do traballo de todo o ano, os grupos infantís de Falcatrueiros Monterroso amosan a familias e amigos o seu traballo como festa de fin de curso. O festival arrancou o domingo 30 cun pasacalles por Rosalía De Castro, Avenida do Marco, Avenida de Lugo, Benigno Vázquez e Rúa Falcatrueiros. Como convidados estivo presenta a agrupación de Boimorto.

0.39566683769226