Remata en Rábade unha nova edición das Cegas de Nadal de futbolín

TerraChaXa | LugoXa
Rábade volveu acoller unha nova edición das Cegas de Nadal na Meca, que contaron de novo cunha ampla participación dos amantes do futbolín.
31 Dec 2023

Rábade volveu acoller unha nova edición das Cegas de Nadal na Meca, que contaron de novo cunha ampla participación dos amantes do futbolín.

Os campións desta edición foron Cristian Manfer e Carlos Varela con Felipe López e Héctor Bande colocados na segunda posición. Ademais Chechu e Anxo clasificáronse en terceira posición e Alberto e Raúl na cuarta.

A cesta que se sorteou no Papyrus foi para Celeste e o sorteo do Máster de Rábade correspondeu a Cristian e Senén.

Na segunda ronda de cegas, os campións foron Felipe López e Alberto Lago e os subcampións Torino e Raúl Páramo.

0.20239591598511