Remata hoxe a campaña de Lugocentrum para fomentar o comercio local
O Centro Comercial Aberto LugoCentrum e a Asociación de Autónomas de Lugo rematan esta tarde a súa nova campaña para fomentar o comercio local.
A iniciativa Quero que me entendas. Comercio Fest desenvolveuse durante o mes de setembro con accións de comercio na rúa e o reparto de tíckets entre os clientes das tendas asociadas para participar en actividades de ocio e sorteos que se celebraron os xoves pola tarde na praza Maior.
O acto de peche terá lugar hoxe, ás 20.00 horas no Templete da Praza Maior de Lugo, e contará coa presencia do presidente de LugoCentrum CCA, José Luis Pérez; a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López; o seu homólogo na Federación de Comercio, José María Seijas; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
Anteriormente, durante toda a xornada, os establecementos adheridos á campaña sacarán os seus produtos á rúa e pola tarde haberá un programa especial de ocio que ademáis das tradicionais actividades de coctail sen alcohol, flocos de millo, algodón de zucre, e sorteo de 3 tarxetas regalo de 100 euros; engadirá un toro mecánico para nenos e adultos, un DJ e un concertó en directo.