Remata na parroquia de Galegos un curso de cerámica

LugoXa
A iniciativa busca manter vivos os oficios tradicionais e dinamizar a vida asociativa nas parroquias de Lugo
curso-ceramica-galego
24 Jan 2026

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, visitou Galegos onde vén de rematar o curso de cerámica organizado pola área de Participación do Concello en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.

As persoas asistentes tiveron a oportunidade de achegarse ás técnicas básicas da elaboración de pezas de cerámica, recibindo a formación teórica necesaria, e tratando temas como o recoñecemento dos materiais necesarios, a aprendizaxe de métodos para realizar as distintas pezas ou a elaboración de acabados.

"Estamos a comprobar como estes cursos non só transmiten coñecementos, senón que tamén fortalecen o tecido comunitario e animan a veciñanza a participar activamente", destacou López, quen engadiu que "é unha forma de apoiar ás asociacións e continuar a achegar coñecementos á veciñanza".

⚙ Configurar cookies
0.26125192642212