Remata o mural realizado na parroquia luguesa de Torible

LugoXa
Rubén Arroxo e Cristina López visitan Torible, onde a área de Participación realizou un mural co lema eu son de torible
novo mural son de torible arroxo
13 Xul 2023

Esta nova proposta “busca dinamizar as distintas zonas de Lugo co concepto de mural como arte pública”.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Participación e Servizo para a veciñanza, Cristina López, desprazáronse ata Torible onde se reuniron coa presidenta da Asociación de Veciños para presentar unha nova iniciativa artística que axudará a dinamizar as distintas zonas Lugo. O concepto central da campaña é o mural realizado en Torible, co lema #EuSonDeTorible.

A concelleira Cristina López destacou a importancia que lle dan os lucenses á vida nas distintas zonas da cidade, cada unha delas “cunhas características especiais que os fan únicos”. Con esta iniciativa búscase “poñelos en relevo, porque queremos un Lugo activo, saudable e con boa calidade de vida”.

O proxecto, que xa comezou no barrio da Cheda, aomplíase a Torible, creando “atractivo para que a xente de Lugo e a que nos visita poida desfrutar dela, e ao mesmo tempo, percorrer as distintas zonas que conforman a Lugo”.

Dende a Área de Participación e Servizo para a veciñanza convídase a que a veciñanza de traslade as súas peticións para levar a cabo esta iniciativa de identidade e orgullo. Poden facelo a través do Servizo de Atención 010 ou mediante o teléfono 982297053.

0.19514608383179