Remata o período de consultas do ERE de Tegestacín
O comité de empresa de Tesgestacín fixo público un novo comunicado no que indica que finalizou sen acordo o período de consultas do ERE proposto pola empresa láctea de Outeiro de Rei.
"Malia isto a empresa pretende forzar, con coaccións e sen garantías para o persoal, un acordo que lle lexitime o despedimento colectivo diante da Autoridade laboral", indican dende o sindicato CIG.
Como sindicato maioritario "e ó obxecto de non perxudicar á maioría do persoal afectado", trasladoulle á empresa nesta reunión a non disposición a facilitar un acordo que non supera as condicións mínimas legais e que carece de garantías. Ademais, indicou a súa determinación de ter por finalizado o período de consultas ó superar os prazos mínimos legais. "Tendo dende este intre a empresa toda a responsabilidade para exercer os despedimentos e garantir os pagamentos correspondentes de salarios, liquidacións e indemnizacións", din.
A empresa con esta actuación aproxímase a garantir o impago de dúas mensualidades consecutivas, como subliñan os membros do comité.
Fracasou tamén a reunión prevista entre comité de empresa e Xunta coa empresa debido a que a dirección da planta de Outeiro de Rei pola incomparecencia da empresa.
O comité de empresa iniciou varias accións de protesta e de reunións unha vez coñecida a convocatoria do ERE tralo anuncio de peche, feito oficial antes de Nadal.