Remata o prazo de solicitude para asistir á Feira Medieval de Mondoñedo

LugoXa
As inscricións presenciais para algunha das 50 prazas ofertadas pódense realizar no centro de convivencia da Milagrosa, de 09.00 a 13.00 horas, por un custo de 4,12 euros
Mercado-Medieval-de-Mondoñedo
29 Jul 2025

A Concellería de Cohesión Social, que dirixe Olga López Racamonde, fai un chamamento ás e aos lucenses interesados en vivir o día grande do Mercado Medieval de Mondoñedo, que este ano acada a súa edición número 33, para solicitar algunha das prazas aínda dispoñibles para participar nesta viaxe o vindeiro sábado 9 de agosto. As inscricións nalgunha das 50 prazas ofertadas pódense realizar aínda mañá de forma presencial no Centro de Convivencia da Milagrosa, en horario de 09.00 a 13.00 horas, por un custo de 4,12 euros.

A excursión partirá da Praza de Bretaña ás 09.00 da mañá para regresar ao mesmo punto ás 19.30 horas, despois de vivir o día grande do Mercado Medieval, unha celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Para a concelleira Olga López Racamonde estas excursións “contribúen á animación sociocultural, impulsando o ocio saudable e a socialización entre os e as participantes, principal obxectivo deste programa municipal, co que este ano xa se fixeron excursións a Pontedeume, Ourense, Allariz ou Monforte de Lemos”.

Na adxudicación das 50 prazas ofertadas terán prioridade as persoas que non obtiveron praza nalgunha das saídas anteriores, así como aquelas en situación de vulnerabilidade.

⚙ Configurar cookies
0.10616898536682