Remata o prazo para participar na Festa dos Xubilados de Outeiro de Rei

O Concello de Outeiro de Rei organiza un ano máis a tradicional Festa dos Xubilados que terá lugar o venres día 4 de xullo na área recreativa de Santa Isabel; a festa contempla a celebración dunha misa solemne ás 13:30 horas, xantar na carballeira e actuación do grupo Los Adrianos.
Todas as persoas con dereito a participar na devandita festa, é dicir, persoas xubiladas empadroadas neste municipio, poderán anotarse nas oficinas da Casa da Cultura (xunto ao colexio) de 10:00 h a 14:30 h ou ben dando os seus datos ao Alcalde Pedáneo da súa parroquia antes do día 27 de xuño; en todo caso, deberán facer o abono dos 5 € que custa a invitación e achegar o número do DNI; as persoas menores de 65 anos deberán presentar xustificante de ser pensionista.
Os acompañantes non xubilados terán que aboar os 30 euros da súa tarxeta.
O prazo para recoller as invitacións, tanto na Casa da Cultura como a través dos alcaldes de barrio, permanecerá aberto ata o 27 de xuño; todas as persoas que asistan á festa deberán ir provistas dunha invitación.