Remata o primeiro concurso de tapas de Friol coa elección dos gañadores
Este mércores tivo lugar o reconto dos votos emitidos durante o I Concurso de Tapas do Concello de Friol, que se levou a cabo no propio Concello, coa presencia de representantes de case todos os establecementos participantes, xunto con unha representante do Equipo de Goberno Municipal.
O establecemento gañador resultou ser Restaurante Orixes, coa súa proposta Polbo á grella con crema de pataca, crocante de xamón e aire de pementón, que acadou un 8,9 de nota media.
O segundo clasificado Bar O Cruceiro quedou moi cerquiña, cunha puntuación media de 8,2. O Restaurante Roimil en terceiro lugar obtivo un 8,1 de media de todas as puntuacións contabilizadas.
Todos os locais participantes obtiveron moi boas notas por parte da clientela, achegando a un 8 de nota media, o que fai crer ao Concello que para o vindeiro ano se poida continuar con esta gran iniciativa.
Este primeiro clasificado contará con un premio composto por un lote de produtos valorado en 300 euros.
Despois de facer o reconto de votos para coñecer a proposta gañadora, tamén se procedeu ao sorteo de tres premios entre todas as persoas participantes. Recordando que tanto para poder participar como para poder ter en conta a puntuación dada a cada creación, debían estar seladas todas e cada unha das tapas participantes, no que saíron premiados en terceiro lugar Lucía Varela Corredoira, Katia Pena Villar en segundo lugar e Juan Verde Barcala en primeiro, así como tres reservas; Ana Isabel Castro Rodríguez, Iván Ramón Fagíl e María Begoña Lamas
Os gañadores do sorteo serán avisados durante esta semana, e de non conseguir contactar con eles, o premio pasará á persoa que quedou en reserva durante o sorteo.
O primeiro premio de este concurso consiste nun lote de produtos valorado en 200 euros máis 200 euros en efectivo. O segundo premio consta de unha viaxe para dúas persoa á Bodega Jaros (visita á bodega, ao viñedo e cata, ademais do xantar). E o terceiro premio son dúas botellas de viño Jaros e Adega d´Berna e un lote de produtos El Globo.
Durante todos os días que durou o concurso foron moitas as persoas que se achegaron a Friol, o que fixo que o municipio estivera cheo de xente e se vivira con un ambiente festivo. Participaron familias, parellas, grupos de amigos e amigas. Desfrutaron das creacións ofertadas veciños e veciñas de Friol, e de moitos outros lugares que optaron por acercarse a este concello e degustar e participar en este concurso.
A alta participación en esta primeira edición puido ratificarse coa apertura das urnas, xa que houbo máis de duascentas papeletas válidas para o reconto, é dicir, máis de duascentas persoas que recorreron e degustaron a totalidade de propostas que se ofertaron.
Os establecementos participantes en esta primeira edición foron A Taberna, Cafetería Club Fluvial, Hotel Rural O Cruce do Burgo, Restaurante Casa Benigno, Restaurante Casa do Grande, Restaurante Orixes, Restaurante Roimil e Restaurante Seixón O Cruceiro.
O alcalde, Jose Ángel Santos, sinalou “esta primeira edición do concurso de tapas foi un gran éxito de participantes e de persoas que se achegaron ao noso pobo para degustar as propostas ofertadas. Quero agradecer aos veciños e veciñas de Friol que se animaron a participar de esta gran iniciativa, e tamén a todas as persoas que se achegaron de distintas partes da provincia. Así como agradecer especialmente a implicación e a colaboración dos locais que participaron en esta primeira edición, resaltando a importancia de iniciativas como esta para darlle máis vida, e maior visibilidade no exterior a Friol”.