Remata o VI Torneo de Nadal de fútbol sala organizado por Lugo Sala
Moprisala Toledo, O Esteo FS, O Parrulo Ferrol e Acasti Reformas Lugo Sala foron os vencedores desta nova edición.
A sexta edición do Torneo de Nadal que organizou Lugo Sala finalizou tras cinco días de competición con poucos premios para a provincia.
Realizáronse dúas fases e máis de 160 partidos disputados en seis categorías e con máis de mil xogadores participantes de 106 equipos que gozaron da competición nos cinco pavillóns da capital lucense nos que se disputaron todos os encontros.
A iso hai que sumarlle todo o público cos familiares que acudiron á cidade polo que este evento converteuse un ano máis nun referente a nivel galego e nacional sendo así un destino turístico-deportivo e por tanto unha inxección económica para a cidade.
Finalmente, Moprisala Toledo en categoría infantil e benxamín, o O Esteo FS en alevín, O Parrulo Ferrol en xuvenil e Lugo Sala en cadete foron os grandes triunfadores do torneo tras proclamarse campións.
Os resultados quedaron así:
FASE AUTONÓMICA
CATEGORÍA PREBENXAMÍN – TROFEO DESTELLOS:
- Mellor porteiro: Salvado Pardo (O Parrulo Ferrol).
- Mellor xogador: Martín (Unión Arroyo).
- Subcampión: O Parrulo Ferrol.
- Campión: Unión Arroyo.
CATEGORÍA BENXAMÍN – TROFEO HUNO PELUQUEROS:
- Mellor porteiro: Teo Castro (Troula Betanzos).
- Mellor xogador: Simón Gil (Troula Betanzos).
- Subcampión: Pádel Box Lugo Sala.
- Campión: Troula Betanzos*.
CATEGORÍA ALEVÍN – TROFEO MUEBLES BLANCO:
- Mellor porteiro: Eloy Fernández (Troula Betanzos).
- Mellor xogador: Aritz Fernández (Troula Betanzos).
- Subcampión: Troula Betanzos.
- Campión: Carballiño FS*.
CATEGORÍA INFANTIL – TROFEO ACASTI REFORMAS:
- Mellor porteiro: Iago Rascado (O Parrulo Ferrol).
- Mellor xogador: Carlos (O Parrulo Ferrol).
- Subcampión: Troula Betanzos.
- Campión: O Parrulo Ferrol*.
CATEGORÍA CADETE – TROFEO EL CONSULADO BAR:
- Mellor porteiro: Martín Arnoso (Troula Betanzos).
- Mellor xogador: Diego Fernández (Troula Betanzos).
- Subcampión: Troula Betanzos
- Campión: Carballiño*.
CATEGORÍA XUVENIL – TROFEO DEPORTES A CHAIRA:
- Mellor porteiro: David Cagido (Troula Betanzos).
- Mellor xogador: Xoel López (Os Meigallos).
- Subcampión: Troula Betanzos.
- Campión: Os Meigallos*.
(*) Equipos clasificados para la fase Nacional.
FASE NACIONAL
CATEGORÍA BENXAMÍN – TROFEO LIMPIEZAS BT:
- Mellor porteiro: Unai García (O Esteo FS).
- Mellor xogador: Antonio Gómez (Moprisala Toledo).
- Subcampión: O Esteo FS.
- Campión: Moprisala Toledo.
CATEGORÍA ALEVÍN – TROFEO RF FISIOCLÍNICA:
- Mellor porteiro: Teo Bollo (O Esteo FS).
- Mellor xogador: Isaac Bertol (Moprisala Toledo).
- Subcampión: Moprisala Toledo.
- Campión: O Esteo FS.
CATEGORÍA INFANTIL – TROFEO PARRILLADA FONSAGRADA:
- Mellor porteiro: Gabriel Carmelo (Moprisala Toledo).
- Mellor xogador: Mikel Fernández (O Parrulo Ferrol).
- Subcampión: O Parrulo Ferrol.
- Campión: Moprisala Toledo.
CATEGORÍA CADETE – TROFEO FRUTAS LUGO:
- Mellor porteiro: Eneko Paniagua (Moprisala Toledo).
- Mellor xogador: Pablo Seoane (Acasti Reformas Lugo Sala).
- Subcampión: Moprisala Toledo.
- Campión: Acasti Reformas Lugo Sala.
CATEGORÍA XUVENIL:
- Mellor porteiro: Diego Castro (O Parrulo Ferrol).
- Mellor xogador: Raúl Villar (Acasti Reformas Lugo Sala).
- Subcampión: Acasti Reformas Lugo Sala.
- Campión: O Parrulo Ferrol.