Rematada a fase I das obras de abastecemento de auga a Líber e Pontes de Gatín en Becerreá

LugoXa
Acabada la primera fase de las obras para la red de abastecimiento de agua potable a los núcleos de Líber y Pontes de Gatín en Becerreá.
auga abastecemento limpeza 3
31 Xan 2022

Os núcleos de Liber e Pontes de Gatín contarán con augas municipais grazas á rede de abastecemento de auga municipal que xa executou a primeira fase das obras cun investimento de 48.349, 49 euros.

Esta primeira fase contemplou a execución da captación, condución ata o depósito, execución do depósito de 70.000 litros que conta coa capacidade para albergar o consumo de auga de 3-4 días dos núcleos de poboación de Liber e Pontes de Gatín. Aínda está por executar a segunda fase destas obras que implicaría o remate dende os depósitos ata as casas.

Esta proposta está financiada por Augas de Galicia a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) foi aprobada na resolución do 12 de marzo da convocatoria 2020-2021 publicada dita resolución o 24 do mesmo mes.

Dende o Concello están a preparar o proxecto para a segunda fase que esperan que se poida subvencionar coa mesma orde que a primeira “para que os veciños conten cunha rede de auga de calidade” xa que o abastecemento domiciliario de auga potable e o mantemento da rede de alcantarillado son competencias municipais..

0.11823606491089