Rematadas as obras da Rúa Fisterra de Lugo

LugoXa
Terminadas las obras de la Calle Fisterra de Lugo finalizando así el tapón urbanístico que creaba esta vía.
rua fisterra lugo
15 Feb 2022

Rematadas as obras de ensanche e mellora da rúa Fisterra, eliminando un tapón urbanístico que se producía na marxe dereita, onde unha finca privada con varias edificacións impedía homoxeneizar o ancho da vía.

A actuación levouse a cabo no punto quilométrico 1,100 da rúa, que forma parte da estrada autonómica LU-114. Os traballo de ampliación xa estaban executados pero foi preciso agardar pola retirada dun poste telefónico para poder completar o aglomerado e pintado de toda a zona. O poste, que estaba anteriormente situado na beirarrúa, invadía coa nova configuración a zona de aparcamento.

A Xunta investiu 63.500 euros nestas obras, incluíndo o custo de expropiación de dous predios para gañar unha franxa cunha superficie de 80 metros cadrados. Demoléronse as edificacións e instalacións existentes, así como un muro de contención, e construíuse un novo peche para a parte da finca non expropiada.

No que respecta á calzada, ampliouse a plataforma para albergar un carril de circulación, unha beirarrúa de 1,75 metros de ancho na marxe dereita que da continuidade ao itinerario peonil, e unha banda de aparcadoiro de 2,5 metros de ancho.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18541407585144