Rematadas as obras de cubrición das dúas pistas de tenis de Frigsa
Finalizaron as obras de cubrición das dúas novas pistas de tenis de Frigsa, nas que se investiron preto de 300.00 euros
Estas destacan pola “calidade destas instalacións, que se atopan nun lugar privilexiado da cidade”, e que se enmarcan “na nosa aposta por mellorar as dotacións deportivas de Lugo e que sexan mais polivalentes, ademais de incrementalas con novas dependencias co fin de fomentar a práctica do exercicio e promover pautas de vida saudable entre a poboación, especialmente na mocidade, ao tempo que atendemos as demandas que nos achega a veciñanza xa que o tenis é unha das modalidades deportivas que conta con máis afeccionados na nosa cidade”, destacan dende o Concello.
Coa cubrición das pistas permitirase que poidan ser utilizadas durante mais tempo ao ano ao marxe das inclemencias do tempo.