Rematadas as obras nas pistas do Palomar

LugoXa
Fin de obras das pistas do Palomar, nas que se investiron 116.000 euros e incluíu o acondicionamento dos firmes e Impermeabilización
pavillon palomar lugo
5 sep 2021

Finalizaron as obras de reforma do Polideportivo do Palomar, que o vindeiro luns, día 6, abre de novo ás súas portas aos usuarios. O acondicionamento supuxo un investimento de 116.735 euros.

A reforma abarcou o firme de todo o recinto xa que as pistas de baloncesto e fútbol sala presentaban un elevado grao de deterioro debido ás humidades do terreo no que se asentan, pero tamén polo uso intensivo que se fai das mesmas. Tamén actuaron nos equipamentos, destacando o cambio das canastras, e impermeabilizaron e pintaron as dependencias.

pavillon palomar lugo concello reforma
0.18725681304932