Rematado o asfaltado dunha estrada municipal en Poutomillos, en Lugo

LugoXa
Os traballos de rexeneración do firme da estrada de Poutomillos, no Concello de Lugo, tiveron un custo de 58.369 euros.
Estrada Poutomillos Miguel Fernandez
28 Xuño 2022

O concelleiro de Medio Rural do Concello de Lugo, Miguel Fernández, anunciou hoxe o remate dos traballos de rexeneración e mellora da estrada municipal que vai da LU – P 2901 e volve ata a mesma en Poutomillos – cunha extensión aproximada de 2 quilómetros - cos que o Executivo de Lara Méndez pretende incrementar a seguridade viaria na zona e acondicionar os accesos ás vivendas desta parroquia.

“Estas obras son mostra da aposta decidida do Goberno local por aumentar a calidade das infraestruturas dos núcleos e favorecer, así, o asentamento de poboación, pulando pola calidade de vida da veciñanza que reside neles ao tempo que abordamos a conservación e o mantemento das dotacións públicas”, indicou o edil.

Fernández indicou que os labores, que comenzaron a pasada semana, remataban este luns coa execución do asfaltado con aglomerado en quente. Unha intervención que supuxo un investimento de 58.369 euros e que foi financiada con cargo ao Plan Único da Deputación Provincial.

As tarefas, segundo referiu o responsable de Medio Rural, consistiron na limpeza das beiravías, no arranxo do firme, asi como na reposición da sinalización vertical e horizontal.

0.1719958782196