Rematan as escolas deportivas en Monterroso cun torneo e unha exhibición

Este venres, 14 de xuño, o Concello de Monterroso clausura esta tempada da Escola Municipal de Pádel cun mini torneo ás 17:00 horas e entrega de diplomas ás 19:00 horas.
O sábado, ademais, organiza unha festa para clausurar as Escolas Deportivas Municipais. Esta será a partir das 17:00 horas no Espazo Lorenzo Varela. Haberá patinaxe, judo, multideporte e rematarán, ás 19.00 horas coa entrega de diplomas.